
Antonio Caeiro
Traballador da imaxe (realizador, montador, cámara, guionista,...) nacido en Gondomar (Pontevedra) ao comenzo da década dos sesenta. Obsequiado cunha cámara de s8 aos 15 anos, xa non se solta dela, facendo do seu amor a súa profesión, cousas, as veces, que non se deben de misturar e así andan os dous. Ainda que no é un xenio, por que non hai lámpara que o acolla no seu interior, procura facel...
-
Conversa con Antonio Caeiro
-
- pauseComo empezaches a dirixir?
00:17.24 / 01:51.07
- pauseComo empezaches a dirixir?
-
play_arrow
Como empezaches a dirixir?
-
play_arrow
Que é o que te move a contar historias?
-
play_arrow
En qué tipo de obras adoitas traballar e en cales te sintes mellor?
-
play_arrow
Que autores son os que máis che interesan?
-
play_arrow
Que obras soñas con rodar algún día?
Biografía
Traballador da imaxe (realizador, montador, cámara, guionista,...) nacido en Gondomar (Pontevedra) ao comenzo da década dos sesenta.
Obsequiado cunha cámara de s8 aos 15 anos, xa non se solta dela, facendo do seu amor a súa profesión, cousas, as veces, que non se deben de misturar e así andan os dous.
Ainda que no é un xenio, por que non hai lámpara que o acolla no seu interior, procura facelas cousas ben.
Filmografía
Logo de realizar algunhas curtas premiadas en distintos festivais nacionais e extranxeiros, decide centrarse, no seu afán persoal ao marxe doutras actividades máis comerciais (anuncios, reportaxes, guións tv, comerciais empresas e hasta vodas, bautizos e comunións...), en longas documentais que exploran a oralidade histórica.
De ahí nacen "Aillados" (1988-2001), "A memoria nos tempos do volfram" (2004) e "A volta dos nove" (2014).
No medio outros documentais como "Esta noite, velada", "Arde Madrid", "El ruido y el silencio" e "Desde dentro do corazón""